Os ‘pioneiros do trap’ en Galicia despídense coma grupo este venres en Vigo

O grupo vigués Banana Bahía Music (BBM) deixará de actuar coma colectivo conxunto.

Os vigueses de Banana Bahía Music ‘BBM’, darán a súa última actuación conxunta este venres en Vigo na sala Masterclub. Tras un comunicado en Instagram, explican que “despois de moito tempo colaborando xuntos chegou o momento de que cada un se centre nos seus proxectos persoais” .

O grupo, con máis de 10 anos historia, son considerados os ‘pioneiros do trap’ en Galicia. Desde as súas cancións máis ‘underground’ ata as máis reguetoneiras, son referentes na música urbana a nivel nacional. Teñen colaborado con artistas de renome, tanto a niveis individuais coma en grupo, coma C. Tangana, Recycled J, Sticky M.A, entre outros

Desde 2009, traballaron no grupo diferentes músicos, Djs, filmakers, fotógrafos e diseñadores gráficos. “É hora de que cada un tire polo seu lado, o que non é nada malo, moitos de nós seguiremos sacando música e mesmo seguirá habendo colaboracións” declarou Beauty Pikete a este medio. Con todo, todos eles consideran “necesario facer unha última gran homenaxe e concerto de despedida“.

No show do venres actuarán Royce Rolo, Kaixo, Beauty Pikete, Dirty Suc, Elecesar, Yung Noguera, Tekilas, Abelo Valis e Movin Fast, ademais de diferentes artistas invitados.

Durante estes días, na súa conta de Instagram, adicáronse a facer un repaso dos inicios de BBM. Onte, sacaron o seu último videoclip, da canción ‘La Banana’ do seu último álbum colaborativo sacado en verán ‘La Bahía’.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here