InicioSucesosDenunciados catro usuarios de patinetes eléctricos por diferentes infraccións

Denunciados catro usuarios de patinetes eléctricos por diferentes infraccións

A Policía local de Vigo pillou catro infraccións esta fin de semana na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo denunciou a catro usuarios de patinetes eléctricos durante o pasado fin de semana por diferentes infraccións.

Segundo informaron fontes policiais, o domingo pola noite foron interceptados un home e unha muller, circulando en senllos patinetes, e que o facían en sentido contrario pola calzada na rúa Colombia.

Por outra banda, tamén se formulou denuncia contra outros dous usuarios deste tipo de vehículos de mobilidade persoal na madrugada deste luns.

O primeiro deles foi localizado na rúa Jenaro de la Fuente, circulando a gran velocidade pola beirarrúa e facendo zigzag. O condutor de patinete, de 29 anos de idade, non levaba ningún dispositivo luminoso e, ademais, deu positivo no test de alcoholemia (0,48 e 0,46 mg/l) e de drogas (cocaína).

O outro condutor denunciado esta madrugada foi interceptado na Travesía de Vigo, cando circulaba “de forma perigosa”, sen dispositivo de iluminación, e tras saltar dous semáforos en vermello.

ÚLTIMAS

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...

A Autoridade Portuaria de Vigo saca a poxa por 62.000 euros o narcobuque ‘Gure Leire’

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo acordou poxar o pesqueiro vasco...

O BNG esixe a Abel Caballero que rompa o “muro de silencio” ante as 41.000 queixas veciñais presentadas en Vigo

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu este luns "acabar co muro de...