InicioEconomía3,4 millóns de euros para a humanización da contorna da estación do...

3,4 millóns de euros para a humanización da contorna da estación do AVE de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O acondicionamento da contorna do complexo intermodal de Urzáiz en Vigo, no que se integra a estación do AVE deseñada por Thom Mayne, incluirá a “humanización” de espazos urbanos como as zonas que quedan entre o complexo e os accesos viarios, ou a nova praza pública, cun investimento de 3,4 millóns de euros.

Así o avanzou este xoves o rexedor olívico, Abel Caballero, quen confirmou que esas actuacións xa contan co visto e prace do Ministerio de Fomento e serán incluídas na addenda do convenio sobre as actuacións nese complexo (levadas a cabo por Adif, Xunta e Concello).

Segundo explicou, destinaranse 900.000 euros a acondicionar os chamados espazos intersticiais, esas zonas que quedarán entre a estación, a autoestrada, os viarios e a praza. Así mesmo, a humanización da zona entre a estación de tren e a terminal de buses custará outros 900.000 euros e, adicionalmente, investirase 1,6 millóns na construción da nova praza.

Eses 3,4 millóns adicionais serán achegados por Adif (un 74 por cento), o Concello de Vigo (un 21 por cento) e, en menor contía, a Xunta de Galicia (o 4 por cento restante).

ÚLTIMAS

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

O Porto de Vigo pechou o primeiro semestre deste ano con novas "marcas históricas",...

Caballero esixe á Xunta que remate co maltrato á educación viguesa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve "intolerable" que a Xunta "maltrate a educación...

O PP de Vigo lamenta a “falta de alternativas” do Concello tras non autorizar atraccións nas festas Bouzas

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou a "falta de alternativas" do Concello...

Detido en Vigo por transportar máis de 100 pastillas de anabolizantes e viagra no seu coche

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a un home, I.E.R.Q. de...