InicioSociedadeO presidente do TSXG apoia a creación dun servizo de garda 24...

O presidente do TSXG apoia a creación dun servizo de garda 24 horas en Vigo

Tamén reivindica esta mesma medida para a cidade da Coruña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, apoiou a petición dos xuíces coruñeses de crear un servizo de garda de 24 horas, nunha visita aos xulgados da cidade para coñecer as demandas deste colectivo.

A preguntas dos xornalistas, despois de que a Xunta Sectorial de Xuíces de Instrución da Coruña reivindicase a implantación do servizo de gardas 24 horas, Díaz-Castroverde lembrou que se trata dunha petición que o alto tribunal galego “apoiou tanto na Coruña como en Vigo“. Con todo, lembrou que se trata dunha cuestión que depende do “pronunciamento” do Consello Xeral do Poder Judicail (CGPJ).

En canto á situación dos xulgados coruñeses, incidiu en que os de “maior conxestión” son os que abordan os asuntos de cláusulas solo e os do Social. “Neles aprobáronse reforzos e vanse manter” mentres a situación “non se poida normalizar”, expuxo. Ademais, precisou que o reforzo dos xulgados do Social “aumentou”, mentres que no de cláusulas solo se aprobou “unha comisión de servizos en substitución dun xuíz substituto que cesa”.

Por outra banda, explicou que se destinará a estes xulgados, por ser os que máis “preocupan”, os xuíces en prácticas que chegarán en maio.

En canto á súa primeira visita aos xulgados coruñeses, explicou que forma parte do obxectivo de coñecer as demandas existentes tanto na cidade herculina como no resto de Galicia en materia xudicial, ademais de trasladar aos xuíces as “liñas xerais” do que son os seus obxectivos á fronte do TSXG.

“ALTÍSIMA CALIDADE” DO TS

José María Gómez e Díaz-Castroverde reivindicou tamén a “altísima calidade” dos xuíces e tribunais españois, ao ser preguntado polas manifestacións do vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, nas que afirmou que resolucións dos tribunais europeos deixaron “en mal lugar” a Xustiza española.

A preguntas dos xornalistas, o presidente do TSXG remitiuse á declaración institucional da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) que pediu “moderación, prudencia e mesura” ao vicepresidente segundo do Goberno e instouno a absterse de facer unha “utilización política da Xustiza” e “cuestionar a súa independencia”.

Á marxe do xa manifestado polo CGPJ, Díaz-Castroverde defendeu “a altísima calidade” do Tribunal Supremo, dos tribunais superiores e dos xuíces. “Respecto todas as opinións”.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...