InicioSucesosDenuncian o condutor dun patinete en Vigo que circulaba ebrio

Denuncian o condutor dun patinete en Vigo que circulaba ebrio

Sufriu un accidente cando invadiu o cruzamento da rúa Pi y Margall con Menéndez Pelayo, saltándose un semáforo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo formularon denuncia contra un veciño da cidade, I.E.C., de 23 anos de idade, por circular nun patinete baixo os efectos do alcol.

Segundo fontes policiais, este mozo sufriu un accidente cando conducía ese patinete porque, segundo todos os indicios, invadiu o cruzamento da rúa Pi y Margall con Menéndez Pelayo, saltándose un semáforo. Ao invadir o cruzamento, o usuario do patinete foi golpeado por un turismo que pasaba co semáforo en verde.

O condutor do patín resultou ferido e foi atendido por sanitarios no lugar do accidente, aínda que non necesitou ser trasladado.

Ao entrevistarse con el, os axentes comprobaron que presentaba “claros síntomas” de atoparse baixo os efectos do alcol, polo que os someteron a á proba pertinente, que deu resultado positivo e con relevancia penal (0,70 e 0,74 mg/l).

Así, tramitouse unha denuncia por un delito contra a seguridade viaria. Ademais, a Policía comprobou que o mozo perdera a vixencia do seu carné de conducir.

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén informou da denuncia contra outra usuaria dun patinete, L.S.C., veciña da cidade e de 23 anos de idade, por unha infracción do regulamento de circulación.

A moza foi sorprendida por unha dotación policial na mañá do sábado na zona de Torrecedeira, cando circulaba polo medio da beirarrúa a “elevada velocidade”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...