InicioSociedadeO PP vigués volve pedir o cesamento de Espinosa e o alcalde...

O PP vigués volve pedir o cesamento de Espinosa e o alcalde tacha de “patético” que o pida “o número 20 da lista”

Pide o cesamento da concelleira pola súa suposta relación cunha sociedade 'offshore' de Panamá.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo volveu reclamar o cesamento da concelleira socialista e exministra Elena Espinosa, pola súa suposta relación cunha sociedade ‘offshore’ de Panamá.

Segundo o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, o seu grupo presentará por rexistro “toda a documentación que acredita” que Elena Espinosa “mentiu” ao negar a súa relación con esa sociedade, unha ‘offshore’ que “estivo activa ata agora”.

O concelleiro do PP criticou que a edila socialista “ocultou” que era “dirixente dunha empresa nun paraíso fiscal” e pediu que dimita ou que o alcalde a cese.

Cuestionado acerca desa petición, Abel Caballero limitouse a tachar de “patético” que a demanda veña dun político que foi “o número 20 da lista” do PP ás eleccións municipais. “Se iso pediuno o número 20, é que non lle dan importancia”, resolveu.

Alfonso Marnotes explicou que “a señora Espinosa ocultou no rexistro de intereses que era a dirixente dunha empresa nun paraíso fiscal. Por tanto, seguiu mentindo a todos os vigueses, a todos os cidadáns. No seu rexistro de intereses incumpriu a súa obriga de declarar a súa vinculación con esa sociedade. Pero si fixo constar que forma parte de organismos e sociedades estatais: a Zona Franca e Renfe viaxeiros. Pois ben, despois de todo isto hoxe espertámonos con que Panamá suspende agora esta filial, o que proba que aínda estaba activa, e comprobamos que a señora Elena Espinosa Mangana figura aínda como directora e tesoureira desa empresa. Nunca a abandonou. Figura como directiva desde 1998. Leva 22 anos á fronte desa empresa”.

O portavoz popular afirmou que “Elena Espinosa é un zombi político. Entrou en política da man de Abel Caballero e é o alcalde o que a segue mantendo no seu posto. Abel Caballero é tamén responsable desta situación”.

O PP tamén lle pregunta a Marea e BNG se lles parece ben que se manteña a Espinosa, que é directiva dunha empresa nun paraíso fiscal, nestes cargos estatais. “Aínda non escoitamos un pronunciamento oficial por parte destes grupos”, asegurou Marnotes.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...