InicioVigo e contorna Un paseo polo Lagares

[Galería] Un paseo polo Lagares

O fotógrafo de XdV, Miguel Núñez, saíu a fotografialo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Lagares é o principal curso fluvial en Vigo. Nace na Lagoa Mol, entre o lugar da Retorta na parroquia de Cabral e a parroquia de Vilar de Infesta.

O río esténdese a través o sur do termo municipal de Vigo, de leste a suroeste, a través das parroquia de Candeán, Lavadores, Sárdoma, Castrelos, Matamá e Santo André de Comesaña, até a súa desembocadura na ría de Vigo, a nivel do extremo sur da praia de Samil.

Nas beiras do río adóitase ver xente paseando, facendo deporte, cans, animais soltos (coma coellos e patos), e calquera cousa que poida acontecer de improvisto. O fotógrafo de XdV, Miguel Núñez, saíu a fotografiar este río.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...