InicioCulturaMarea de Vigo reclama persoal e orzamento para a Escola de Artes...

Marea de Vigo reclama persoal e orzamento para a Escola de Artes e Oficios

Hai varias especialidades que aínda non empezaron o curso por falta de docentes, como debuxo artístico, moda e confección, ourivaría, pintura e serigrafía artística.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo presentará unha moción ao pleno deste luns na que reclama ao goberno local que dote de persoal e de recursos suficientes á Escola Municial de Artes e Oficios (EMAO).

Así o trasladou en rolda de prensa a concelleira Oriana Méndez, quen lembrou que a EMAO é unha institución centenaria (funciona desde 1895) e emblemática da cidade que, desde 2015, cando deixou de ser un organismo autónomo, sufriu un “adelgazamento” no seu persoal e nos seus recursos.

A situación chegou ata o punto de que, actualmente, hai varias especialidades que aínda non empezaron o curso por falta de docentes, como debuxo artístico, moda e confección, ourivaría, pintura e serigrafía artística. Ademais, outro dos ensinos máis recoñecidos, a de luthería antiga, “foi eliminada”.

Por iso, Marea reclama ao goberno que cubra as prazas de docentes para que esas clases poidan comezar á volta de vacacións de Nadal, e que cree unha bolsa de contratación para permitir cubrir as baixas de profesorado e volver impartir luthería antiga.

Así mesmo, pediu que se incremente o orzamento destinado a esta institución, e que se establezan mecanismos de diálogo cos alumnos para buscar fórmulas de recuperar as horas lectivas perdidas, e acelerar a súa incorporación ás clases.

Finalmente, Marea pediu ao goberno municipal “un xesto” con esta institución, e propuxo que se lle entregue en 2020 a Medalla da Cidade.

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...