InicioEconomíaPeinador, o aeroporto galego que menos escollen os pasaxeiros

Peinador, o aeroporto galego que menos escollen os pasaxeiros

Soben os aeroportos de A Coruña e Santiago mentres baixa o de Vigo un 16%.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pasaxeiros creceron un 6,9% e un 2,1% nos aeroportos de Santiago e A Coruña durante o mes de novembro, respectivamente, mentres que baixaron un 16% no de Vigo, segundo os datos que publica este martes Aena.

En concreto, Lavacolla, na capital galega, rexistrou en novembro un total de 201.069 pasaxeiros, un 6,9% máis que no mesmo mes do ano anterior. Do total de pasaxeiros comerciais, 196.871, correspondéronse 169.043 con voos nacionais e 27.828 con internacionais. En canto a operacións, contabilizou 1.503 voos, un 1,3% máis, dos cales 1.432 foron comerciais (1.199 nacionais e 233 internacionais). Ademais, a terminal de carga compostelá manexou durante o undécimo mes do ano ao redor de 277,4 toneladas de mercadoría, o que supón un descenso do 3,7%.

Pola súa banda, por Alvedro, na capital herculina, pasaron 106.033 pasaxeiros, un 2,1% máis. Deles, 105.230 utilizaron voos comerciais, 96.189 en traxectos nacionais e 9.041 en internacionais. O aeroporto coruñés anotouse 1.217 voos de operacións, 873 deles comerciais que, á súa vez, repartíronse entre 784 nacionais e 89 internacionais. O tráfico de mercadorías moveu aquí máis de 11,5 toneladas de carga.

BAIXAN EN VIGO

Por último, Vigo rexistrou 71.575 pasaxeiros en novembro, un 16% menos que no mesmo período de 2018, de acordo coas cifras que fai públicas este martes Aena. Do total, 71.536 utilizaron voos comerciais. En canto a operacións, neste aeródromo contabilizáronse 821 voos, un 9,5% menos, dos que 722 foron comerciais (669 operacións nacionais e 53 internacionais). Ademais, pola terminal de carga do aeroporto vigués pasaron durante o pasado mes 46,3 toneladas de mercadoría.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...