InicioSociedadeUn total de 23 ONG organizan o 'Nadal Solidario' de Vigo

Un total de 23 ONG organizan o ‘Nadal Solidario’ de Vigo

O Porto de Vigo acollerá esta iniciativa dende o 16 de decembro ao 4 de xaneiro de 2020.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 23 ONG e organizacións participarán no ‘Nadal Solidario’ que se celebrará en Vigo do 16 de decembro ao 4 de xaneiro de 2020.

A Administración autonómica promoveu esta iniciativa para que o traballo conxunto entre a sociedade civil e as entidades solidarias crease un “ambiente familiar” e de “colaboración en positivo” coa cidade. Esta medida implica que cidadáns, turistas, peregrinos e empresarios poidan achegarse á montaxe do Porto de Vigo para solidarizarse con outras persoas.

En concreto, no lugar poderanse realizar doazóns a diferentes organizacións. A Xunta informou nun comunicado sobre a “cor, música, tradición e solidariedade” que encherán o espazo, pensado para todos os públicos coas familias como prioridade.

A animación exterior contará cunha decoración tradicional con atraccións para os máis pequenos, foodtrucks e unha gran caseta para que o paxe real dos Reis Magos recolla as cartas de todos os nenos.

Por dentro, haberá unha peza principal que será o nacemento da Catedral de Santiago. Ademais, organizaranse talleres de todo tipo para a rapazada máis cativa e para que os avós e avoas poidan gozar cos seus netos dunha “experiencia única”, como é a creación de xogos reciclados.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...