InicioSucesosCatro feridos en Cangas tras chocar contra un muro

Catro feridos en Cangas tras chocar contra un muro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas resultaron feridas este venres despois de chocar contra o muro dunha casa co vehículo no que viaxaban, ao saírse da vía cando circulaban á altura do número 12 da rúa do Carballal, en Coiro, no termo municipal de Cangas.

Segundo informaron ao 112 os testemuños dos alertantes, sobre as 18,00 horas, o catro ocupantes estaban fóra do vehículo pero aseguraban que era necesaria a asistencia sanitaria.

Así, con estes datos, pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Local. Tamén se informou dos feitos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Morrazo e aos efectivos de Protección Civil.

SAÍDA DE VÍA NO ACCESO DA AP-9

En Santiago, por outra banda, un coche que accedía á autoestrada AP-9, en dirección a Padrón, saíuse da vía e chocou contra a mediana. O accidente ocorreu a escasos minutos das 19,00 horas da tarde do venres. Foi a esa hora cando un particular puxo en alerta ao 112 e solicitou unha ambulancia.

A partir de aí, os xestores do 112 informaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes de Tráfico, da Policía Local, aos Bombeiros da cidade e aos efectivos de Protección Civil. Tamén deron conta dos feitos ao persoal do servizo da autoestrada.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...