InicioSucesosA Garda Civil intervén máis de medio quilo de estupefacientes en Ponteareas

A Garda Civil intervén máis de medio quilo de estupefacientes en Ponteareas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil desarticulou un punto de venda e distribución de estupefacientes nunha casa en Ponteareas (Pontevedra), onde se incautaron 600 gramos de marihuana, unha báscula de precisión, 1.000 euros en efectivo e un teléfono móbil.

O operativo concluíu coa detención da persoa que vivía no inmoble como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.As investigacións iniciáronse o pasado mes de novembro cando a Benemérita tivo coñecemento de que este piso, na parroquia de Ribadetea do municipio de Ponteareas, “podíase estar a utilizar como punto de distribución e venda de droga polo miúdo”.

Confirmados os indicios e despois dos dispositivos establecidos pola efectivos da área de investigación do posto principal da Garda Civil de Ponteareas, foron interceptados varios consumidores habituais inmediatamente despois de comprar a droga nesta vivenda.

O operativo culminou coa detención da persoa que supostamente estaba a utilizar o inmoble como punto de venda e distribución de estupefacientes aos consumidores da comarca, un veciño de Ponteareas, de 46 anos, con antecedentes policiais.

ÚLTIMAS

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...

A Autoridade Portuaria de Vigo saca a poxa por 62.000 euros o narcobuque ‘Gure Leire’

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo acordou poxar o pesqueiro vasco...

O BNG esixe a Abel Caballero que rompa o “muro de silencio” ante as 41.000 queixas veciñais presentadas en Vigo

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu este luns "acabar co muro de...