InicioSociedadeO dono da pirotécnica, presunto autor da explosión de Paramos (Tui), pasou...

O dono da pirotécnica, presunto autor da explosión de Paramos (Tui), pasou xa a disposición xudicial

PUBLICADO O

- Advertisement -

O dono da pirotecnia La Gallega, detido o pasado mércores como presunto autor dos delitos de homicidio imprudente e estragos pola explosión dun almacén pirotécnico ilegal na parroquia tudense de Paramos, pasou este venres a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Tui.

O detido, F.G.L., chegou aos xulgados da localidade pouco antes das 11:00 horas nun coche da Guarda Civil. Acompañado por dous axentes, coa cabeza oculta por unha carapucha entrou no edificio rodeado por gran expectación e ante a presenza de numerosos xornalistas.

Este home foi arrestado na tarde do pasado mércores, poucas horas despois de que explotase un almacén clandestino de material pirotécnico que F.G.L. tiña nun alpendre anexo á vivenda dun familiar.

Como consecuencia da devandita explosión, faleceu un matrimonio dunha vivenda próxima sepultado polos cascallos; 37 persoas resultaron feridas de diversa consideración; e centenares de vivendas rexistraron danos materiais, nalgúns casos, irreversibles.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Audi Q5, chalé, colexio privado, viaxes… O ‘tren de vida’ do funcionario de aduanas procesado polo Karar levantou as sospeitas

O macroxuízo polo alixo de cocaína do barco Karar, que estaba en suspenso desde...