InicioSociedadeVigueses poderán despedirse do seu primeiro alcalde na democracia nun libro de...

Vigueses poderán despedirse do seu primeiro alcalde na democracia nun libro de firmas situado no Concello

O Concello olívico, no que as bandeiras xa ondean a media hasta, decretou dous días de loito oficial polo falecemento de Manoel Soto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que se porá un libro de firmas a disposición dos cidadáns que queiran despedirse de Manoel Soto, o primeiro alcalde da democracia actual da cidade, falecido este mércores aos 75 anos.

Mediante declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico explicou que, así, no salón de plenos homenaxearase o seu traballo e asegurou que o seu recordo e a súa “emoria perdurarán na cidade. En concreto, os cidadáns poderán despositar as súas firmas no libro entre as 16,00 e as 20,00 horas deste xoves. Ademais, o Concello olívico, no que as bandeiras xa ondean a media hasta, decretou dous días de loito oficial polo falecemento de Manoel Soto.

Así mesmo, Abel Caballero expresou no seu nome, no da cidade e no do Goberno o seu pésame á familia do primeiro alcalde da democracia na urbe galega, que exerceu como rexedor baixo as siglas do PSdeG-PSOE durante 12 anos, entre 1979 e 1991, ata ser sucedido por Carlos Príncipe.

Tras darse de baixa no seu partido en 1988, en cuxa fundación participara durante a ditadura franquista, colaborou na creación dunha nova formación, Progresistas Vigueses, que conseguiu un e dous concelleiros nas eleccións municipais de 1999 e 2003, respectivamente.

Distintos responsables políticos expresaron as súas condolencias polo seu falecemento a través das redes sociais. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, lembroulle como un “compañeiro” que formou ” parte da historia” do Partido Socialista.

Ademais, o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, asegurou que, co falecemento do exregidor, “Vigo perde a un dos seus referentes municipalistas” que exerceu como alcalde “cando os concellos non tiñan nada”. O concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, puxo en valor o “empeño” de Soto a favor da cidade e a súa “lealdade” coa mesma.

Mediante un comunicado, o Partido Popular local tamén expresou as súas condolencias á familia de Soto polo seu falecemento e lembrouno como un “político comprometido, innovador, moderno e cunha visión de futuro admirable” que converteu a Vigo nun “referente ao que miraban outras cidades”.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...