InicioEconomíaUn proxecto vigués de xeolocalización por satélite opta ao premio internacional Galileo...

Un proxecto vigués de xeolocalización por satélite opta ao premio internacional Galileo Masters 2019

A Zona Franca de Vigo galardoa o gañador cun ano de incubación no viveiro do edificio Aeroespacial de Porto do Molle.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto CX-Geodron, que propón desenvolver un sistema instalado en drones para detectar obxectos sobre un plano terrestre ou subterráneo, resultou gañador da edición deste ano do Concurso Galicia Challenge, un certame que se encadra na convocatoria europea dos premios internacionais Galileo Masters 2019 que convoca a Axencia Europea GNSS e a Axencia Espacial Europea.

Así se deu a coñecer na mañá deste mércores nun acto onde o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o delegado da Zona Franca, David Regades, entregaron o diploma acreditativo aos tres integrantes do equipo RadioUAV pertencentes ao grupo de investigación Antenas, Radar e Comunicacións ópticas da UVigo.

Tal como indicou nun comunicado, con este premio rexional, a Zona Franca de Vigo galardoa o gañador cun ano de incubación no viveiro do edificio Aeroespacial de Porto do Molle, o que inclúe a asistencia no desenvolvemento do produto, acceso a expertos, consultoría, formación e orientación económica para converter a súa idea en negocio.

Así mesmo, tamén sufragará a representantes de CX-Geodron os gastos de viaxe e aloxamento á cerimonia internacional de entrega de premios, que se celebrará en Helsinqui (Finlandia) o próximo 4 de decembro.

O Concurso Europeo de Navegación por satélite Galileo Masters premia os mellores servizos, produtos e negocios que utilizan a navegación por satélite para aplicacións na vida cotiá. Este ano, o Consorcio acode por quinta vez consecutiva a esta cita como socio rexional deste concurso, promovido pola Axencia Europea GNSS, a Axencia Espacial Europea, o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio Federal Alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais.

ÚLTIMAS

Vigo activa as súas catro zonas de baixas emisións: os coches sen distintivo ambiental xa non poden circular por elas

O Concello de Vigo puxo en marcha este xoves as catro zonas de baixas...

Prisión para dous dos cinco detidos tras desmantelar tres “narcopisos” en Vigo

O maxistrado da praza 4 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de...

Dous anos e tres meses de prisión para o home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo

O home que asaltou e feriu unha taxista en Vigo aceptou dous anos e...

Cinco detidos e rexistros en tres ‘narcopisos’ nunha operación contra o tráfico de drogas en Vigo

A Policía Nacional informou de que axentes pertencentes á Udyco da Comisaría de Vigo-Redondela...