InicioSociedadePiden rebaixar a pena de 41 anos de prisión ao condenado polo...

Piden rebaixar a pena de 41 anos de prisión ao condenado polo crime de Arealonga

A defensa do autor da morte dun mozo no San Xoán de 2017 alega alteración psíquica e intoxicación etílica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A defensa de José Luis Luna Pereira, o home condenado a 41 anos de prisión por asasinar a un mozo na noite de San Xoán de 2017, na praia de Arealonga, en Redondela, pediu unha rebaixa da pena, na vista de apelación celebrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

En concreto, en declaracións aos medios de comunicación e tamén ante o tribunal, argumentou que existiron “contradicións” no relato dos policías que detiveron ao seu cliente.

Esta tese mantívoa para rexeitar a condena por tentativa de homicidio aos dous axentes. De estimarse a súa petición, suporía unha rebaixa da pena de cinco anos, segundo precisou a letrada.

Outro dos motivos expostos ante o tribunal por esta parte foi que se apliquen as atenuantes que alegou tamén no xuízo, alteración psíquica, intoxicación etílica e cadro de abstinencia. “Primeiro como eximente polo que non tería responsabilidade penal e, subsidiariamente, como atenuantes”, precisou.

Tanto Fiscalía como o letrado da acusación particular rexeitaron unha modificación da sentenza. Así, este último incidiu en que “non quedou acreditado” no xuízo que as facultades do condenado “estivesen alteradas”.

CONDENA

Luna Pereira foi xulgado por un tribunal popular na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, e tras o veredicto de culpabilidade, ditouse sentenza condenatoria na que se lle impuxeron un total de 41 anos de prisión por varios delitos.

En concreto, condenóuselle polo asasinato do mozo Daniel Beltrán Pinto; por unha tentativa de asasinato por disparar a outro mozo; un homicidio tentado contra os axentes de Policía que o detiveron e un delito de tenencia ilícita de armas.

O procesado foi declarado culpable por unanimidade polo xurado, que rexeitou os argumentos da súa defensa, e considerou acreditado que estaba en pleno uso das súas facultades cando cometeu o crime, e que non padecía os efectos nin do alcol nin dunha síndrome de abstinencia.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...