InicioSociedadeA web do Concello de Vigo colapsou polo sorteo das entradas de...

A web do Concello de Vigo colapsou polo sorteo das entradas de ‘Frozen 2’

O Concello de Vigo sortea 180 entradas para o preestreno da película de Disney. Tamén colapsou o teléfono 010. As incidencias xa están resoltas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O gran alivión de xente que quixo facerse cunha entrada para a preestrea da película Frozen 2 fixo que se colapsara a web do concello. Tamén colapsou o 010, o número de atención cidadá, tamén colapsou. Ambas as dúas plataformas de contacto xa volven a funcionar con normalidade, segundo confirmaron fontes do Concello de Vigo.

Este bloqueo provocouse tras a decisión do consistorio de sortear 180 entradas para o preestreno de ‘Frozen 2’. Para participar é necesario estar empadroado en Vigo e inscribirse na páxina web do Concello ou na aplicación. Por iso, ante o incremento do número de peticións, a web bloqueouse.

O preestreno da película será o día 20 deste mesmo mes, despois de que Disney elixira á cidade olívica para a súa presentación en España, dada a temática de Nadal. O sorteo estará aberto ata as 12:00 horas do mércores 19. As entradas serán para un menor entre 3 e 14 anos e un adulto, que será quen deba presentarse ao sorteo.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...