InicioSucesosFeijóo promete axilizar a chegada de axudas e indemnizacións para os afectados...

Feijóo promete axilizar a chegada de axudas e indemnizacións para os afectados pola explosión

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno autonómico aprobará unha orde “similar” á aprobada após a vaga de incendios de outubro de 2017 destinada ás familias afectadas pola explosión de material de pirotecnia este mércores en Tui.

Así o comunicou na rolda de prensa posterior á reunión do seu goberno, na que a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, presentou un informe de urxencia após o sinistro rexistrado na tarde deste mércores.

“Imos aprobar as axudas aos afectados en danos en vivendas para que poidan ser reconstruídas“, sinalou Feijóo, quen na súa intervención trasladou o pésame polos dous falecidos confirmados pola explosión. Ademais, comprometeuse a “axilizar o máximo posible todas as axudas e indemnizacións para rehabilitar as súas vivendas”.

Rompéronse cristais a centos de metros / Miguel Núñez

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prevé desprazarse este xoves a Tui para visitar a zona afectada. Feijóo realizará a visita a Tui despois da reunión semanal do seu Executivo, cuxa rolda de prensa ofrecerá en Santiago a partir das 12:00 horas. Anulou o resto de previsións que tiña en axenda.

Por outra banda, tamén visitarán a zona afectada este xoves a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o portavoz de En Marea, Luís Villares. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, xa estivo na localidade pontevedresa a última hora da pasada xornada.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...