InicioSucesosCazado en Vigo un mozo de 22 anos que cuadriplicaba a taxa...

Cazado en Vigo un mozo de 22 anos que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida

A Policía Local pillou tamén a un home que circulaba pola cidade olívica sen carné de conducir.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo interceptou na mañá deste domingo a un mozo vigués, G.G.G. de 22 anos de idade, que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida ao arroxar un resultado positivo de 1,05 e 0,98 miligramos por litro de alcol por aire expirado.

Así, tal como informou a Policía nun comunicado, os feitos ocorreron sobre as 09,05 horas na estrada de Camposancos, cando os axentes observaron un vehículo que realizaba unha condución “errática”, reducindo a velocidade e despois acelerando de maneira “brusca” e circulando en zig-zag invadindo varias veces o carril de sentido contrario.

Unha vez interceptado o condutor, os actuantes comprobaron que presentaba “claros síntomas” de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas, algo que confirmaron ao realizarlle a proba.

Ao cuadriplicar a taxa permitida, o cal excede o límite penal establecido, instruíronse dilixencias para o efecto para o seu traslado á autoridade xudicial competente.

SEN CARNÉ

Pola súa banda, tamén a Policía Local cazou o pasado venres a un home, M.F.C. de 52 anos de idade, que circulaba pola rúa Alcalde Portanet da cidade olívica sen carné de conducir debido a perder a súa vixencia por unha sanción grave.

Foi realizando labores de control do tráfico no ámbito da seguridade viaria cando os axentes procederon a dar o alto ao condutor dun turismo, tras o que pescudaron que o automóbil se atopaba sen contrato de seguro obrigatorio en vigor.

Desta maneira, procederon a solicitarlle a documentación do vehículo así como a persoal ao condutor, pescudando tamén que o apuntado carecía de calquera permiso ou licenza de condución, polo que foi encartado en dilixencias xudiciais por un presunto delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...