InicioEconomíaA polémica Ronda de Vigo desaparece do novo Plan Xeral de Ordenación...

A polémica Ronda de Vigo desaparece do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal por ser “unha agresión á cidade”

O goberno local propón un sistema alternativo que non afectará a vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A polémica Ronda de Vigo, un sistema viario para comunicar as parroquias da cidade sen pasar polo centro e que estaba incluída no Plan Xeral de 2008 (anulado polo Tribunal Supremo) desaparece donovo PXOM, porque era “unha agresión á cidade”, segundo confirmou o alcalde, Abel Caballero.

O rexedor avanzou que o novo plan urbanístico, cuxo borrador será presentado en poucos días, non contempla a creación dese macrovial, que no seu día suscitou gran rexeitamento de certos colectivos veciñais (constituíuse unha asociación de afectados que levou a PXOM de 2008 aos tribunais).

O novo documento, sinalou Caballero, exclúe esa infraestrutura, porque era “unha agresión á cidade”, supuña “abrila en canle” e, ademais de “levar varias casas por diante”, “non era posible financiala”.

En cambio, sinalou o alcalde, si haberá un novo sistema viario que permitirá conexións desde a zona de Baruxáns ata a Avenida de Clara Campoamor e a VG-20, de maneira que se melloren as comunicacións co Hospital Álvaro Cunqueiro, co Parque Tecnolóxico de Valadares ou co campus universitario.

Así mesmo, o novo sistema viario, que “non afecta ningunha vivenda”, conectará coa área de Balaídos, onde tamén se mellorará, cunha rotonda, a chegada de Arquitecto Palacios á Avenida de Castrelos, para permitir o acceso directo a Fragoso e a Avenida da Florida.

O novo plan, engadiu Abel Caballero, tamén contemplará os novos accesos á AP-9 pola Avenida de Buenos Aires, de modo que o tramo de autoestrada cara ao centro de Vigo será urbano.

POLÉMICA

O deseño da chamada Ronda de Vigo estivo rodeado de polémica desde o seu inicio e, de feito, a Asociación de Afectados pola Ronda interpuxo denuncia nos tribunais reclamando a anulación da PXOM de 2008.

Este viario, que suscitou máis do 11% das alegacións presentadas ao Plan na súa fase de exposición pública, estaba considerado no plan aprobado polo goberno de Abel Caballero como unha “peza insubstituíble”.

No entanto, tras a anulación da PXOM e os cambios normativos, o propio Concello recoñece as dificultades de levar a cabo ese proxecto (tal e como se recolle no documento remitido ao novo equipo redactor).

ÚLTIMAS

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...

Rouban 100.000 euros en xoias nun chalé de Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer un asalto a un chalé de Vigo, do que...