InicioPolíticaAbel Caballero asegura que sería "unha catástrofe" para Vigo que Ana Pastor...

Abel Caballero asegura que sería “unha catástrofe” para Vigo que Ana Pastor fose ministra

"Tivo o AVE a Vigo conxelado e metido nun caixón durante cinco anos", criticou o alcalde de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que sería “unha catástrofe” para a cidade olívica que a exministra de Sanidade no goberno de José María Aznar e de Fomento con Mariano Rajoy e número dous por Madrid para as eleccións xerais do próximo domingo, Ana Pastor, fose outra vez ministra, xa que, segundo el, “tivo o AVE a Vigo conxelado e metido nun caixón durante cinco anos”.

Todo isto despois de que este mércores Pablo Casado dixese que se chega ao Goberno Ana Pastor volvería ser ministra. Neste sentido, Caballero indicou en que esa circunstancia “non vai pasar” porque non hai “ningunha” posibilidade de que Casado gañe as eleccións.

Caballero insistiu no “avance” que supuxo, ao seu xuízo, a chegada de Pedro Sánchez á Moncloa, polo que pediu o voto para o PSOE, e así conseguir os socialistas ata catro deputados por Pontevedra o cal “daría forza para seguir reclamando cousas para Vigo”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...