InicioSucesosMorre un operario mentres traballaba no Porto de Vigo

Morre un operario mentres traballaba no Porto de Vigo

O home sufriu un paro cardíaco á beira dun barco.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario, que se atopaba realizando labores de descarga no Porto de Vigo, foi achado morto na mañá deste xoves á beira do guindastre dun barco.

Así, segundo confirmaron fontes do 112 Galicia, o suceso ocorreu minutos antes das 07,00 horas deste xoves, e foron os propios servizos sanitarios os que alertaron ao teléfono de emerxencias para informar da existencia dun traballador inconsciente nun guindastre do Porto, no peirao de Guixar.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) deu aviso ao Porto de Vigo, á Garda Civil e á Policía Nacional. Pola súa banda, a Benemérita confirmou o sucedido e asegurou que o corpo foi atopado á beira do guindastre dun barco nunha zona de difícil acceso.

Nun comunicado, a Autoridade Portuaria de Vigo sinalou que se trataba dun home de 60 anos de nacionalidade polaca tripulante do buque ‘Green Mountain’, da naviera alemá MACS e consignado por Comarsa.

A pesar de que os servizos sanitarios trataron de reanimar ao falecido, os labores non tiveron éxito, debido a que sufrira un paro cardíaco.

ÚLTIMAS

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

O BNG de Vigo pide explicacións sobre o correo que desautorizou o Saltamontes

O grupo municipal do BNG de Vigo esixiu este venres ao goberno local que...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...