InicioEconomíaA oposición de Vigo tacha os orzamentos locais de "propaganda"

A oposición de Vigo tacha os orzamentos locais de “propaganda”

Os partidos denuncian o baixo nivel de execución o goberno de Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os partidos da oposición no Concello de Vigo criticaron este venres os orzamentos municipais para 2020, presentados nos últimos días e que ascenden a 267 millóns, e tacharon as contas de “propaganda”, á vez que lamentaron a falta de participación dos cidadáns na súa elaboración.

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, sinalou que o goberno municipal vigués, un ano máis, “guísao e cómeo só”, sen dar a opción aos colectivos veciñais e cidadáns de participar no deseño dos investimentos.

Así mesmo, explicou que as contas son máis elevadas que as do exercicio actual porque Vigo, do mesmo xeito que outros concellos, terá máis transferencias doutras administracións.

PP

O portavoz do PP, Alfonso Marnotes, incidiu en que estes orzamentos “son propaganda” e en que “non se vai gastar todo o que se ingrese, nin se vai investir máis na cidade”, tal e como pon de manifesto os datos de execución.

O portavoz ‘popular’ tamén sinalou que o aumento do orzamento “págase desde o peto de todos” porque se debe, en gran medida, ao “impostazo” do goberno municipal, coa subida de taxas e prezos de servizos locais.

BNG

Mentres, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tamén criticou que as contas de 2020 se elaboraron “sen a máis mínima participación” dos cidadáns.

O edil nacionalista sinalou tamén que se trata duns orzamentos “continuistas”, que seguen concentrando os investimentos “en cuestións infraestructurales”, pero “seguen sen atender a necesaria mellora e ampliación dos servizos públicos municipais”, como as escolas infantís.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...