InicioSociedadeO comité de empresa de Vitrasa denuncia o "incumprimento" dos tempos de...

O comité de empresa de Vitrasa denuncia o “incumprimento” dos tempos de descanso

Na avaliación de riscos da empresa establécese como medida preventiva que "ningún traballador poderá conducir de maneira ininterrompida máis de catro horas e media sen facer unha pausa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo polo “incumprimento” por parte da compañía dos tempos de descanso durante a xornada laboral dos condutores.

Así o sinalou nun comunicado a Confederación Intersindical Galega (CIG), quen lamentou que Vitrasa “siga sen respectar as medidas preventivas que figuran na súa propia avaliación de riscos”.

Na denuncia, a representación do persoal de Vitrasa fai mención a que na avaliación de riscos da empresa se establecen como medidas preventivas que “ningún traballador poderá conducir de maneira ininterrompida máis de catro horas e media sen facer unha pausa” e que a duración mínima desa pausa será de 45 minutos, “podendo fraccionarse en interrupcións de polo menos 15 minutos cada unha ao longo do período de condución”. Segundo a CIG, a pesar dos “incumprimentos reiterados” destas medidas de seguridade, a resposta da empresa “foi que hai que revisar a avaliación”. 

Así mesmo, o comité tamén puxo en coñecemento de Inspección de Traballo que a compañía “non atendeu o requirimento da autoridade laboral a respecto dos aseos para condutores“. “Unicamente se instalou un aseo público, e non nos constan negociacións da empresa co Concello ou cafetarías, e moito menos un mínimo de vontade de solucionar este problema”, sentenciou a asociación sindical.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...