InicioEconomíaO PP de Vigo valora as contas da Xunta para 2020: "Leccións...

O PP de Vigo valora as contas da Xunta para 2020: “Leccións orzamentarias de Abel Caballero, ningunha”

Marnotes asegurou que Caballero "non leu os orzamentos" xa que "ten o discurso xa feito desde hai anos e sempre é o mesmo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo municipal do PP en Vigo, Alfonso Marnotes, valorou os orzamentos da Xunta para o próximo 2020, polo que destacou os investimentos que o Goberno galego realizará na cidade olívica, por exemplo na nova Cidade da Xustiza, na estación intermodal ou no centro de saúde de Bouzas. Con todo, criticou “o discurso” do alcalde vigués: “Leccións orzamentarias de Abel Caballero, ningunha”.

Nunhas declaracións difundidas aos medios polo PP vigués, Marnotes asegurou que Caballero “non leu os orzamentos” xa que “ten o discurso xa feito desde hai anos e sempre é o mesmo”.

“Esquéceselle todo o que a Xunta vai dedicar á Cidade da Xustiza, á intermodal ou ao centro de saúde de Bouzas, ao novo centro de maiores da ETEA ou á ampliación de Navia”, reivindicou.

Sobre este barrio vigués, Marnotes engadiu que é o alcalde o que “se nega con escusas de todo tipo” a amplialo e criticou que desde que goberna o PSOE a nivel estatal “non di nada” de soterrar a VG-20 (unha das condicións que Caballero puña para dar o visto e prace á ampliación de Navia que propón a Xunta).

“Dos que non esperamos nada é dos Orzamentos Xerais do Estado do Goberno de Pedro Sánchez porque non houbo presupostos en 2019 e non haberá ata ben entrado o 2020. Pasariamos en branco, a cero euros, o investimento en Vigo do Estado. O mesmo podemos dicir do Concello, que pechou o 2018 cun 60% de execución no orzamento de investimentos e no 2019 levaba só executada a terceira parte”, sentenciou o portavoz popular.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...