A Guardia Civil identificou a dous dos tres presuntos autores que a pasada fin de semana propináronlle unha brutal agresión a dous veciños de Soutomaior, que tiveron que ser trasladados ao Complexo Hospitalario de Pontevedra para ser asistidos dos golpes recibidos.
Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon na madrugada do pasado venres nas inmediacións dun local de lecer próximo á carretera N-550, no municipio de Vilaboa.
“Os dous veciños de Soutomaior desprazábanse nun vehículo con dirección á localidade de Arcade e, ao verse increpados polos ocupantes doutro vehículo, que mesmo chegou a embestilos varias veces, optaron por desviarse da ruta e refuxiarse no estacionamento dun local de lecer contiguo á estrada nacional”, relataron as mesmas fontes.
Nas inmediacións do local, segundo o relato das vítimas, “foron abordados de forma violenta polo tres ocupantes do vehículo que lles perseguía“, concretan as mesmas fontes, de tal maneira que mentres un deles ameazábaos intimidándoos, supostamente cunha pistola, os outros dous golpeáronos brutalmente con senllos bates de béisbol.
A brutal malleira deixou aos dous veciños de Soutomaior “practicamente inconscientes, tirados no chan“, puntualiza a Benemérita, “ata que foron auxiliados polo persoal do local, que non ten nada que ver nin está relacionado cos incidentes”.
As investigacións levadas a cabo por mor das primeiras informacións solicitadas pola patrulla de seguridade cidadá do Posto da Guardia Civil de Moaña que se acudiu no lugar dos feitos, facilitaron, até o momento, a identificación de dous dos presuntos autores. Así, F.C.C., de 43 anos, veciño de Vilaboa, foi detido por un suposto delito de ameazas graves e lesións, e J.A.G., de 48, veciño de Tui, que foi investigado penalmente polos mesmos delitos.
VINGANZA
Os investigadores valoran a vinganza como hipótese e causa máis probable dos incidentes, “tendo en conta das tensas relacións laborais que tivera o detido cunha das vítimas”, concretan as mesmas fontes.
As dilixencias instruídas foron entregadas no xulgado de Instrución de garda de Cangas, que decretou a liberdade provisional con cargos do detido, cunha orde cautelar de afastamento das vítimas. A investigación continúa aberta para o “total esclarecemento” dos feitos.