
As Marchas da Dignidade convocaron para este venres ás 20:00 concentracións en toda Galicia en solidariedade coa situación que se está a vivir en Palestina. Foron en A Coruña (Praza Obelisco), Compostela (Praza do Toural), Ourense (Subdelegación do goberno), e Vigo na emblemática Farola de Urzáiz, todas ás 8 da tarde.
Os organizadores denuncian os “actos do exército israelí sobre a poboación indefensa palestina”, e engaden que, segundo a ONU, “hai 59 persoas asasinadas e preto de 3.000 feridas durante as protestas palestinas pola apertura da embaixada de EEUU en Jerusalen, todas por disparos dos soldados israelíes”.
Para as Marchas da Dignidade, as accións de Israel son un atentado contra os dereitos humanos e consideran que as persoas responsables deberan ser xulgadas por crimes contra a humanidade. As concentracións queren amosar a solidariedade galega con Palestina, ademáis de facer presión para que o goberno español condee as accións de Israel e deixe de colaborar co goberno de Netaniahu.