InicioSucesosLocalizada na Guarda unha peregrina perdida nunha zona de difícil acceso polo...

Localizada na Guarda unha peregrina perdida nunha zona de difícil acceso polo envío das súas coordenadas ao 112

A peregrina, de fala inglesa, non dispuña de Whatsapp, pero grazas á consulta de Google Maps puido enviar as súas coordenadas ao centro de emerxencias, despois de que os xestores da incidencia explicásenlle como facelo.

PUBLICADO O

Unha peregrina perdida nunha zona de difícil acceso na Guarda  foi localizada polos servizos de emerxencia grazas a que enviou as súas coordenadas ao 112 a través do seu teléfono móbil.

A muller estaba nunha zona acantilada tras desviarse da zona mentres facía o Camiño de Santiago. Foi localizada en bo estado. A peregrina, de fala inglesa, non dispuña de Whatsapp, pero grazas á consulta de Google Maps puido enviar as súas coordenadas ao centro de emerxencias, despois de que os xestores da incidencia explicásenlle como facelo.

Indicou que saíra da Guarda dirección Norte, pero desviouse para ver a paisaxe. Así, continuou andando ata caer na conta de que estaba perdida, situación pola que se puxo moi nerviosa, informa o 112.

Foron avisados pasadas as 13,00 horas Garda Civil, Policía Local e membros do GES da Guarda. Tamén houbo que dar indicacións a outro tres persoas que facían a mesma ruta, ao atoparse desorientadas.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...