InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbel Caballero: "Ir contra a candidatura de Cíes é ir contra Vigo,...

Abel Caballero: “Ir contra a candidatura de Cíes é ir contra Vigo, aviso a navegantes”

O rexedor olívico volveu insistir en que a candidatura promovida pola Xunta é unha "burla" á Unesco, ao Ministerio de Cultura e ao Consello de Patrimonio Histórico de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu este luns de que “ir contra a candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade é ir contra Vigo”, porque é “unha candidatura da cidade”, e reiterou a súa demanda á Xunta de que retire a súa “candidatura clandetina” das Illas Atlánticas –xa rexistrada na lista indicativa da Unesco–.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico volveu insistir en que a candidatura promovida pola Xunta é unha “burla” á Unesco, ao Ministerio de Cultura e ao Consello de Patrimonio Histórico de España, polo que remitirá unha carta a todos estes organismos para pór de manifesto que dita iniciativa non cumpre os requisitos para a designación de Patrimonio da Humanidade.

Segundo repetiu, “foi unha tomadura de pelo, un golpe de man” de Núñez Feijóo e do goberno galego para “obstaculizar” a candidatura que promove o Concello, e que pide a declaración de Patrimonio da Humanidade só para as illas Cíes.

A este respecto, e tras repetir que “só” Cíes cumpren os requisitos para ser candidatas, Abel Caballero advertiu de que a iniciativa impulsada desde o goberno local é “unha candidatura da cidade”. “Estar en contra da candidatura de Cíes é estar en contra de Vigo, aviso a navegantes”, sentenciou.

O alcalde sinalou que Vigo quere ter “o mesmo” que A Coruña (coa Torre de Hércules) ou Santiago (co seu centro histórico). “En Vigo temos as Cíes, e é posible que a algún non lle guste que as teñamos”, proclamou.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...