
Unha nova edición do evento do Marisquiño de Vigo volve encher as rúas da cidade: música, deportes e diversión acompañadas dunha tregua no mal tempo. Os propios vigueses e os que se achegaron a gozar do festival, un dos maiores de Cultura Urbana e Deportes en Acción do sur de Europa, puideron desfrutar de diversas competicións deportivas e eventos culturais como break dance, exhibicións de graffiti, música en directo… Eis unhas cantas imaxes que resumen a xornada.