InicioSucesosEn liberdade e con medida de afastamento o vigués que tentou secuestrar...

En liberdade e con medida de afastamento o vigués que tentou secuestrar a un menor nun parque

O seu pai relatou que ese home levaba días frecuentando ese parque, e que sentaba a observar aos nenos mentres manipulaba un computador portátil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home de 55 anos de idade, E.F.A., detido en Vigo o pasado martes por un suposto delito de detención ilegal en grao de tentativa, tras tentar levar a un menor dun parque infantil, quedou en liberdade tras comparecer ante o Xulgado de Instrución número 7 da cidade.

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza, o xulgado decretou a súa posta en liberdade, aínda que en calidade de investigado, e impúxoselle a prohibición de achegarse ou comunicarse co neno, de 9 anos de idade.

A Policía Local de Vigo detivo a este home tras recibir un aviso de que se produciu un intento de secuestro dun neno nun parque do barrio do Calvario. Os pais do menor relataron aos axentes que o sospeitoso se achegou ao seu fillo e aos seus amigos, que estaban a xogar no parque, e convidara ao menor a acompañalo a outro lugar afastado, para ensinarlle un xoguete, levándoo por un brazo.

Un veciño do lugar, que coñecía ao neno, alertou ao seu pai, quen saíu á carreira e viu como o home levaba ao seu fillo. O home encarouse co sospeitoso, ao que increpou, e este soltou ao neno e abandonou o lugar apresuradamente.

O propio neno explicou aos axentes que o home se lle achegadara e que o convidou a ir con el a outro sitio, onde había “un camión de xoguete”. O seu pai relatou que ese home levaba días frecuentando ese parque, e que sentaba a observar aos nenos mentres manipulaba un computador portátil.

A Policía localizou a E.F.A. nas inmediacións e detívoo. Ao inspeccionar a mochila que levaba, atoparon no seu interior un computador portátil, un disco duro externo e un coitelo de 22 centímetros de folla, entre outros efectos.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...