InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por unha suposta agresión sexual a unha...

Detido un veciño de Vigo por unha suposta agresión sexual a unha menor que estaba bebida

.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un mozo veciño da cidade como presunto autor dun delito de agresión sexual, tras a denuncia dunha menor de idade, da que supostamente abusou tras levala ao seu domicilio cando a moza estaba bebida.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos remóntanse a finais de xullo, cando a vítima se atopaba nas festas de Bouzas cun grupo de amigos, aos que se uniu o detido (do que ela xa tiña algunhas referencias por redes sociais).

Avanzada a madrugada, os amigos empezaron a marchar, mentres que a moza optou por quedar na festa co sospeitoso e outro coñecido. Nun momento determinado, a menor (que consumira alcol) dixo que non se atopaba ben, e o agora detido ofreceuse a deixala durmir na súa casa, alí preto, e levala ao día seguinte ao seu domicilio.

A moza aceptou a oferta pero, á mañá seguinte, e aínda que non lembraba moitas cousas das horas previas, foi consciente de que fora agredida sexualmente.

Por iso, interpuxo denuncia en Comisaría, e efectivos da Unidade de Familia e Menores (UFAM) iniciaron unha investigación, que culminou coa identificación do presunto autor dos feitos. Dáse a circunstancia de que o sospeitoso xa foi investigado anteriormente en relación a outros casos de agresión sexual, e ten antecedentes policiais por outros delitos.

O presunto agresor foi localizado e detido pola Policía Nacional nas Illas Cíes, nun control de visitantes enmarcado no Plan Verán Seguro despregado pola Comisaría. As pescudas permitiron acoutar o círculo de busca e logrouse identificar a un home como presunto autor dos feitos.

Ao contactar coa vítima esta recoñeceuno, polo que se procedeu á súa detención e traslado a dependencias policiais, onde se realizou unha comprobación das bases de datos na que se corroborou que contaba con antecedentes anteriores. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 6 dos de Vigo, remitindo ademais todo o actuado.

A investigación foi levada a cabo polo grupo de UFAM da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...