InicioPolíticaAbel Caballero remite a Feijóo "unha listaxe de todas as carencias da...

Abel Caballero remite a Feijóo “unha listaxe de todas as carencias da Xunta en Vigo”

O alcalde de Vigo expón nunha carta a Núñez Feijóo que "antes de iniciar ningún diálogo, a Xunta ten que resolver de forma inmediata" unha serie de "cuestións" para salvar a "débeda histórica" coa cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o diálogo “da cidade” coa Xunta e co presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, está condicionado a que haxa mostras de “vontade” por parte do goberno autonómico de saldar a “débeda histórica” coa cidade, e “levantar vetos” sobre diversas actuacións.

Así o volveu a trasladar o rexedor en declaracións aos medios, e confirmou que este luns remitirá unha carta a Núñez Feijóo na que lle expón que, “antes de iniciar ningún diálogo, a Xunta ten que resolver de forma inmediata” unha serie de “cuestións”.

Entre esas condicións están o desbloqueo dos accesos ao CEIP Párroco Don Camilo e a construción do polideportivo de Matamá (obras para cuxa execución o Concello pide a aplicación da lei 3/2016), que se retire o “gravame” de 650.000 euros que a Xunta “quere cobrar pola presa de Eiras”, que se levante o “veto político” ás ramplas mecánicas de Gran Vía ou que se derrogue a lei “que obriga a Vigo a pagar os buses á xente que non é de aquí, sen que a Xunta pague nin un euro”.

Enganounos tantas veces, que xa non cremos a Feijóo (…) Esta vez quero que primeiro mostre realidades”, proclamou o alcalde, respecto da carta remitida ao presidente, cunha “listaxe non exhaustiva de todas as carencias da Xunta en Vigo, de toda a débeda histórica e de todas as cuestións que ten que acometer na cidade”.

Ademais destas actuacións, que “non teñen custo orzamentario”, Abel Caballero sinalou que, na misiva a Feijóo, hai tamén unha “listaxe” de obras e investimentos pendentes, como a humanización das rúas de titularidade autonómica, ou a participación da administración galega nas obras de reforma do estadio de Balaídos.

“Nada me agradaría máis que poder recibir a Feijóo con todo o entusiasmo para recoñecer o traballo da Xunta na cidade. Pero non é o caso, ata agora temos engano, promesas incumpridas e abandono da cidade”, sentenciou o rexedor.

ÚLTIMAS

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...