InicioVigo e contornaVigoA Xunta propón a reutilización de augas residuais depuradas para procesos industriais...

A Xunta propón a reutilización de augas residuais depuradas para procesos industriais e de rega da EDAR

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, sinalou que este proxect, permitiría un aforro do consumo de auga equivalente a "100 días de rega ao ano e que está en mans do Concello aceptalo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou unha iniciativa que permitirá a reutilización de augas residuais depuradas para procesos de rega ou industriais da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Lagares, situada en Vigo.

Durante unha rolda de prensa celebrada este venres na cidade olívica, a conselleira detallou que esta proposta, que busca reducir o consumo de auga por parte da empresa concesionaria da estación depuradora, foi trasladada ao Concello de Vigo, que contará cun período de 10 días para presentar alegacións ou aceptala.

Neste sentido, sinalou que este proxecto, pioneiro en Galicia, permitirá un aforro do consumo de auga equivalente a “100 días de rega ao ano” na depuradora e apuntou que se enmarca no obxectivo da Xunta de reducir o consumo deste recurso debido á situación provocada polo Cambio Climático.

En concreto, Ethel Vázquez indicou que a auga circulará en circuítos pechados e non estará en contacto co persoal. Así, este recurso contará con “todas as garantías sanitarias”, xa que, segundo recalcou, someterase a un tratamento de rexeneración tras a súa depuración na estación grazas a tres filtros.

ALMACENAMENTO DE AUGA

Posteriormente, a auga almacenarase en depósitos de 179.000 litros de capacidade e parte dela someterase a un proceso de cloración. A auga que non sexa clorada destinarase a procesos industriais do funcionamento da planta, mentres, á que se lle aplicou este elemento, destinarase á rega das zonas axardinadas e a cuberta das instalacións, así como á súa limpeza.

Así, ofrecerase unha reutilización máxima de 170.000 metros cúbicos ao ano, un consumo equivalente ao que realizarían 3.500 persoas. Ademais, a conselleira asegurou que a auga se someterá a 500 controis sanitarios “moi esixentes” ao ano, así como que trimestralmente se informará respecto diso a Augas de Galicia.

Ethel Vázquez puxo en valor o traballo que permitiu levar a cabo esta iniciativa e afirmou que se escolleu Vigo para pola en marcha por primeira vez debido á súa situación de “vulnerabilidade” en materia de abastecemento. Durante a presentación, a delegada territorial da Xunta na cidade, Corina Porro, incidiu na interrelación entre a actividade económica da maior urbe galega e a súa capacidade de abastecemento, polo que destacou a importancia desta iniciativa.

Ademais, remarcou o feito de que o Goberno galego apostase pola “colaboración” para garantir o abastecemento de auga a Vigo e a súa área, mentres que Ethel Vázquez apuntou que esta competencia corresponde ao Concello.

ESTUDO DO ABASTECEMENTO

Por outra banda, a preguntas dos medios, a conselleira volveu a incidir na necesidade de que o Goberno central licite o estudo correspondente ás alternativas que permitirán garantir o abastecemento de auga a Vigo e a súa contorna, xa que, segundo lembrou, o convenio foi asinado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), o Concello e a Xunta o pasado mes de abril. Tamén lembrou que o Goberno galego atópase á espera da resposta do goberno local á proposta de convenio para que o Concello xestione a presa de Eiras.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...