InicioPolíticaRueda pídelle a Guerra que aclare se é do PP ou de...

Rueda pídelle a Guerra que aclare se é do PP ou de Ciudadanos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Partido Popular na provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, pediu ao exconselleiro e militante do PP de Vigo Javier Guerra que aclare se a súa intención é abandonar o partido e cambiarse a outro (como Ciudadanos), unha cuestión que xa considerou que “suporía unha falta de “lealdade” e “lamentaría que fose así”.

Así o trasladou ao ser cuestionado polos medios de comunicación, antes de participar nun acto polo Día das Letras Galegas en Pontevedra, onde manifestou que a información a coñeceu unicamente a través dos medios de comunicación e remarcou que, en todo caso, a día de hoxe Javier Guerra “é militante” do PP.

No entanto, manifestou que se se confirma que o exconselleiro está en conversacións con outro partido, suporía que “non mostra lealdade” cara ao Partido Popular, no que milita desde hai anos.

Ademais, despois de que Guerra trasladase que el non está “a tentear ningunha posibilidade” aínda que si admitise que “opcións hai moitas”, Rueda pediulle que “aclare” a súa posición e “se o que se dixo era o certo”, xa que a súa resposta “non aclara demasiado” a súa situación.

En canto ás manifestacións feitas por Cidadanos, valorou que este partido dixese “que o que máis lle gusta (de Guerra) é que traballou con Feijóo”. “É un eloxio bastante evidente e agradecemos moito que crea que traballar con Feijóo é un bo traballo”, engadiu.

En todo caso, sostivo que con esta situación esta formación política “está a demostrar que non ten estrutura nin é capaz de facela e o que tenta é captar xente doutros partidos“. “Creo que non é nin unha boa práctica nin unha boa maneira de establecerse, e probablemente explique por que non foi capaz de ter unha estrutura en Galicia”, concluíu.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...