InicioPolíticaO Concello de Vigo elabora os orzamentos de 2020, centrados en humanizacións...

O Concello de Vigo elabora os orzamentos de 2020, centrados en humanizacións e política social

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, resaltou que se levarán a cabo con "débeda cero" a pesar da adquisición do Auditorio Mar de Vigo. Así, defendeu que non existe "un só concello de España coa fortaleza económica de Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que este martes asinou a orde que permitirá o inicio da elaboración dos orzamentos de 2020, que se centrarán en humanizacións e política social.

Tal e como detallou nunha rolda de prensa en Vigo, o ámbito social será principal debido á permanencia de “coletazos” da crise económica que afectan a parte da cidadanía.

Deste xeito, sinalou que tamén se fomentarán espazos de lecer, como parques e pavillóns deportivos, así como que se manterán as políticas de emprego e as bolsas para que os mozos poidan perfeccionar o seu inglés en países anglófonos.

Así, o rexedor olívico puxo en valor que Vigo será o “primeiro dos grandes concellos de España” que abordará os orzamentos do ano que vén e resaltou que, ademais, se levarán a cabo con “débeda cero” a pesar da adquisición do Auditorio Mar de Vigo. Así, defendeu que non existe “un só concello de España coa fortaleza económica de Vigo”.

AXUDAS

Por outra banda, avanzou que este martes o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases e a convocatoria para optar á liña de axudas municipais para a creación de empresas, á que se destinarán 70.000 euros. Os interesados poderán recibir así apoio económico para afrontar a constitución dunha compañía, gastos de aluguer e correntes e dereitos de propiedade industrial, entre outros.

Noutra orde de cousas, sinalou que, durante a última quincena de xuño, o albergue municipal e o dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, conveniado co concello, dispuxeron de prazas baleiras.

Así, defendeu o labor social levada a cabo polo concello e asegurou que, entre estas accións, se incluíu a comunicación cunha familia que recibíu unha alerta de desafiuzamento fixada para dentro dun mes e á que se espera dar unha solución.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

A UVigo levará a ciencia á rúa cunha cita rápida entre investigadores e un foro sobre os incendios

A Universidade de Vigo quere sacar a ciencia dos laboratorios e levala á rúa...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...