InicioSucesosO TS rebaixa a condena ao líder dunha rede de narcotráfico desmantelada...

O TS rebaixa a condena ao líder dunha rede de narcotráfico desmantelada no 2015

A rede fora a responsable dun 'narcoveleiro' interceptado con 600 quilos de cocaína a bordo cando se dirixía ao porto de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección terceira da Sala do Penal do Tribunal Supremo reduciu a condena ao líder dunha rede de tráfico de drogas responsable dun ‘narcoveleiro’ que foi interceptado en 2015 con 600 quilos de cocaína a bordo cando se dirixía ao porto de Vigo.

En concreto, o Supremo estima parcialmente o recurso de casación de varios dos condenados nesta operación contra a sentenza da Audiencia Nacional, que data de decembro do ano pasado.

Así, o fallo absolve a catro dos implicados, entre eles o líder, do delito de pertenza a grupo organizado, e considera os feitos que se lles atribúen unha mera “codelincuencia”. Isto implica rebaixar a pena do xefe, Lorenzo Toledano, de 14 anos a 12 anos e medio de prisión.

A operación remóntase ao verán de 2015, cando a Policía, tras un proceso de investigación e seguimento, detivo en Galicia, Andalucía e Estremadura a 21 persoas relacionadas co ‘clan de los Peques’ por tráfico de haxix e cocaína.

Capitaneadas polo xulgado de instrución número 1 de Vigo, as pescudas centráronse nun grupo de lancheros vinculados ao ‘clan de los Peques’. Así, a Policía descubriu que esta rede se trasladou ao sur da Península e estaba a preparar varias embarcacións para recoller haxix procedente de Marrocos.

En maio de 2015, as Forzas e Corpos de Seguridade lograron interceptar dous iates e unha lancha en augas de Cartaxena e na praia de Motril, cargados cun total duns 6000 quilos de haxix e descubriron que o grupo se fixo cun veleiro para realizar unha descarga procedente de Latinoamérica.

O 7 de agosto de 2015 o veleiro ‘Silver back’ foi interceptado ao noroeste das illas Azores con 600 quilos de cocaína en 24 fardos. Os responsables foron xulgados a finais de 2018 e a maior parte deles condenados a penas de prisión.

ÚLTIMAS

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...