InicioCulturaO Marisquiño reestrutúrase na súa primeira edición despois do accidente das Avenidas

O Marisquiño reestrutúrase na súa primeira edición despois do accidente das Avenidas

Este ano contará con novidades como as incursión das disciplinas de Fotball Freestyle e Big Jump e unha app de comunicación bidireccional entre asistentes e organización para aumentar a seguridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A incorporación de novos deportes e o mantemento das súas probas clásicas serán os grandes alicientes para a XIX edición do festival O Marisquiño, o evento de cultura urbana e deportes de acción máis importante do Estado. O festival converterá  a Vigo na capital mundial da cultura urbana entre o 9 e o 11 de agosto. Ademais, esta será a súa primeira edición tras o tráxico accidente durante o concerto de Rels B o ano pasado que causou case 400 feridos.

O evento contará con competicións de skate, bmx e basket 3×3 (deportes olímpicos en Tokio 2020) avaladas polas súas respectivas Federacións Internacionais. Ademais, nesta edición incorporaranse dúas novas disciplinas: Freestyle Football e Big Jump, que outorgarán aínda máis espectacularidade ao festival.

Tras o accidente o ano pasado, haberá cambios nalgunhas localizacións das probas deportivas as probas deportivas. O Skate manterase no Muelle de Transatlánticos; na explanada fronte ao Náutico estará o BMX; fronte ao Hotel Bahía, a meta do descenso e o break dance. Pola súa banda o Tinglado albergará os escenarios Sunset e Village e a zona do Flatland. Ademais, a praza fronte a sede da Xunta recibirá ao Freestyle Football

Na praza da Estrella desenvolverase os concertos nocturnos e o Basket 3×3. Outra das novedades é a implantación dunha app, Misit Life, de comunicación bidireccional entre o centro do control do recinto e o usuario, para garantir unha maior seguridade para o evento. Ademais, haberá pantallas LED para seguir as competicións en distintos puntos.

OUTRAS NOVIDADES

Outra das novidades é que as probas deportivas poderán seguirse por streaming, é dicir, que non fará falta acercarse á zona para seguir os eventos. Isto é grazas ao acordo que chegou a organización do festival coas empresas AS Sports e La Liga Sports. A asistencia que estima a organización é de uns 160.000 espectadores durante as tres xornadas do festival.

Aínda que as inscricións de deportistas aínda se están a pechar, xa esta confirmada a presenza de grandes referentes para o deporte urbano mundial. Riders como Nicholi Rogatkin, Danny León, Viki Gómez ou Teresa Fernández-Miranda convertéronse en habituais na cita viguesa e moitos deles volverán a estar na edición do 2019.

No apartado musical, haberá tres escenarios repartidos por todo o recinto e actuarán, entre outros o estadounidense Eric Bobo e gran variedade de intérpretes da escena urbana española como Jota Mayúscula, AWWZ, Niña Coyote eta Chico Tornado, ou Kyotto: rock, punk, trap e electronica para todas as persoas que se acheguen a O Marisquiño.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...