Gilberto Gil ofrecerá un concerto o 16 de xullo en Vigo. Esta actuación está dentro do marco da súa xira europea que comeza esta semana e na que estará en vinte paradas entre as que destacan cidades como Berlín, Copenhague ou Lisboa. O espectáculo celebrarase no Auditorio Mar de Vigo no que será o único concerto no Estado, a excepción de Barcelona, do músico brasileiro.
O artista, símbolo da música popular do seu país, presentará o seu novo disco “Ok ok ok” co que regresa tras unha convalecencia que ameazou a súa vida. Gil, que foi ministro de Cultura no seu país no equipo de Lula da Silva entre 2002 e 2008, fala no seu novo traballo sobre temas como a familia, as amizades, a vellez ou a enfermidade, pero tamén contra as patrullas ideolóxicas. O brasileiro afronta o primeiro álbum da súa vellez sen medo: Nin a vida nin a morte.
No seu directo estará acompañado por Roberta Sá, unha das bandas máis importantes do Brasil contemporáneo que interpretará a nova idea melódica de Gil, que integra todos aspectos do cotián como ven sendo habitual na súa obra nos seus máis de cincuenta anos de carreira con 60 discos publicados.
<iframe width=”560″ height=”315″ src=”https://www.youtube.com/embed/V6kTUpRoRHQ” frameborder=”0″ allow=”accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture” allowfullscreen></iframe>