InicioSucesosChoca contra tres coches aparcados e quere eludir a súa responsabilidade

Choca contra tres coches aparcados e quere eludir a súa responsabilidade

O home intentou facerse pasar por copiloto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron denuncia contra un condutor, un cidadán portugués que circulaba pola zona de Balaídos, e que, tras chocar contra varios vehículos estacionados, quixo eludir a súa responsabilidade facéndose pasar por copiloto.

Segundo explicaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar a primeira hora da mañá do luns, cando unha dotación do 092 acudiu á zona de Balaídos, alertada porque se produciu un accidente. Ao chegar, os axentes observaron que un condutor se saíu do carril de circulación e impactara contra os coches aparcados, causando danos en 5 deses vehículos.

No interior do coche causante do choque atopábase un home que presentaba signos de embriaguez pero, ao ser requirido para realizar o test de alcoholemia, este negouse de forma rotunda, alegando que el non era o condutor do vehículo. Segundo o seu testemuño, o condutor e responsable do accidente era outra persoa, que fuxira á carreira deixándoo alí só.

Tras moito insistir, os axentes conseguiron que o home lles dese os datos do suposto condutor. Así, facendo as oportunas xestións coa Comisaría conxunta de Tui/Portugal, púxose contactar telefonicamente con esa persoa.

No entanto, o interlocutor explicou que se atopaba en Portugal, a bastantes quilómetros de onde se produciu o accidente. Por tanto, era materialmente imposible que estivese en Balaídos no momento do sinistro.

Por outra banda, a Policía Local tamén puido contactar coa testemuña que alertara ao 092 e este relatou como vira saír do coche ao condutor que provocara o choque. A descrición do mesmo coincidía plenamente co home identificado polos axentes, e que aseguraba que era o copiloto do vehículo.

Por estes feitos tramitáronse dilixencias de denuncia por un suposto delito contra a seguridade viaria, que foron postas a disposición do xulgado, e tamén trasladadas á Fiscalía de Seguridade Viaria.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia que o ximnasio de O Berbés carece de seguro de accidentes

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu explicacións ao goberno local...

Vigo únese ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud

A cidade de Vigo sumarase este sábado ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global...

Cancelan un voo Vigo-Barcelona obrigando a recolocar os 170 pasaxeiros

O voo Vigo-Barcelona operado por Vueling que tiña previsto saír á primeira hora da...

Vigo rende homenaxe aos alcaldes fusilados polo franquismo hai 89 anos

A Corporación viguesa, encabezada polo alcalde Abel Caballero, xunto a sindicatos, asociacións e outros...