InicioSucesosDeteñen o presunto responsable dunha asociación cannábica de Vigo

Deteñen o presunto responsable dunha asociación cannábica de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presunto responsable dunha asociación cannábica foi detido en Vigo despois de que se interviñesen unha gran cantidade de marihuana, haxix e distintos efectos no local onde se situaba.

Segundo detallou a Garda Civil, a investigación iniciouse en maio despois de que se interceptase en Tui (Pontevedra) un vehículo con matrícula francesa no que se atopou marihuana e haxix. O condutor, de nacionalidade belga, que foi detido, asegurou que adquirira as sustancias nunha asocación cannábica de Vigo.

Ademais, a semana pasada interceptouse dous estudantes cuxas nacionalidades eran francesa e marroquí ao abandonar un establecemento. da cidade olívica.

Ao advertir a presenza policial, estas persoas tentaron fuxir e tiraron as substancias estupefacientes que portaban polo portelo. Finalmente, foron detidos na AP-9 en posesión dunha gran cantidade de diñeiro e atopáronse restos de marihuana no vehículo.

Posteriormente, detívose ao responsable da asociación cannábica, en cuxo local se atoparon 1.270 gramos de marihuana, máis de 40 de haxix, unha máquina de envasar ao baleiro, dúas básculas de precisión e unha defensa eléctrica.

O arrestado foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Vigo, que decretou a súa posta en liberdade provisional con cargos. Ademais, os outros tres individuos foron postos en liberdade coa obrigación de comparecer cando fosen citados.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...