InicioSociedadeO BNG pide precintar a obra dunha casa de apostas na Florida,...

O BNG pide precintar a obra dunha casa de apostas na Florida, que continúa malia non ter licenza

O BNG pediu ao Concello de Vigo que precinte as obras nun local onde se prevé instalar unha casa de apostas, na Avenida da Florida, xa que os traballos carecen de licenza e, con todo, séguense facendo "a porta pechada".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG pediu ao Concello de Vigo que precinte as obras nun local onde se prevé instalar unha casa de apostas, na Avenida da Florida, xa que os traballos carecen de licenza e, con todo, séguense facendo “a porta pechada”.

Así o denunciou o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, quen remitiu un escrito á concelleira de Urbanismo, María José Caride, trasladando a denuncia dos veciños, que afirman que a obra continúa a pesar de que o Concello denegou o permiso por motivos técnicos.

Estes veciños alertaron á Policía Local que, este mércores, se personó no lugar levantando atestado, pero o BNG pediu ao goberno municipal que “adopte medidas” para impedir que continúen eses traballos sen licenza. “Saudamos a resolución adoptada por Urbanismo (de denegar o permiso), pero esta non pode quedar en papel mollado”, engadiu.

Finalmente, Pérez Igrexas constatou a “enorme preocupación” da veciñanza pola posible apertura desta casa de apostas, xa que a empresa mantén a inauguración do local para o próximo 11 de xullo.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...