InicioSociedadeVigo acolle o encontro dun proxecto europeo para detectar mareas vermellas con...

Vigo acolle o encontro dun proxecto europeo para detectar mareas vermellas con satélites

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acolle esta semana un encontro do proxecto da Unión Europea (UE) ‘CoastObs’, que estuda o uso dos satélites Sentinel para monitorar zonas costeiras e, deste xeito, detectar mareas vermellas.

A Universidade de Vigo (UVigo), que participa no consorcio, detallou que a reunión, que se celebra na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, busca pór en común os avances realizados no estudo, iniciado en 2017, durante o último ano. O proxecto, enmarcado na convocatoria H2020 da UE, analiza as costas de Galicia, Holanda, a Bretaña francesa e Venecia.

O consorcio, que coordina a empresa Water Insight, conta coa participación da Universidade de Stirling (Escocia), CNR (Italia), a Universidade de Ciencias Aplicadas de Holanda, a Universidade de Nantes (Francia), Bio-Littoral (Francia) e Geonardo (Hungría).

Mediante CoastObs, utilízanse as imaxes do satélite e datos de campo para comprobar aspectos como a proliferación de microalgas tóxicas, o crecemento do mexillón e as macroalgas e o tamaño do fitoplancto, entre outros. Estes resultados utilízanse, xunto a modelos predictivos, para detectar e predicir a presenza dunha gran cantidade de algas mariñas tóxicas.

Así, búscase complementar os programas de monitorización baseados na obtención de mostras a través da análise conxunta de imaxes de satélite e parámetros físicos e biolóxicos con técnicas estatísticas e de aprendizaxe automática.

En concreto, o departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo ocúpase do desenvolvemento de algoritmos de índice de clorofila para augas do interior das rías a partir das imaxes do Sentinel e métodos de aprendizaxe automática para detectar mareas vermellas.

Ademais, o grupo de investigación da UVigo conta coa colaboración do Consello Regulador do Mexillón de Galicia e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi).

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...