InicioSociedadeFaro de Vigo pechará contidos específicos só para subscriptores no chamado FdV+

Faro de Vigo pechará contidos específicos só para subscriptores no chamado FdV+

PUBLICADO O

- Advertisement -

‘Faro de Vigo’ implementou unha serie de cambios e melloras a súa edición dixital para os seus subscritores, sen publicidade e con novos contidos como informacións, reportaxes, entrevistas, análises e opinións sobre Galicia e o mundo. Uns contidos que serán de pago e só para subscriptores no chamado FdV+. Un sistema que, curiosamente, é moi semellante o posto en marcha xa hai dez anos por Galicia Confidencial, a través do GC+.

“Faro de Vigo modernizou o seu formato, no que supón un salto adiante nas relacións dun xornal cos seus lectores en Internet”, apunta a empresa editora.  Así mesmo, a compañía de medios destacou que esta renovación lle outorga un maior protagonismo ao móbil e ofrece aos lectores “o acceso aos máis modernos formatos de expresión dixital, no que os mellores textos e análises en profundidade combinaranse con gráficos interactivos, vídeos e fotos”.

Para mellorar o acceso aos contidos, tamén se renovou a visualización de noticias en portada, redeseñouse a newsletter diaria de noticias e mellorouse a App móbil tanto para Android como para iOs.

Finalmente, Prensa Ibérica anunciou unha promoción de lanzamento coa que se poderá acceder sen límites aos contidos exclusivos da edición dixital e a todos servizos adicionais por tres euros durante tres meses.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...