InicioSociedadeExpertos reúnense en Vigo para abordar o estudo e as aplicacións da...

Expertos reúnense en Vigo para abordar o estudo e as aplicacións da biotecnoloxía

A organización valora a oportunidade de "visibilizar" a investigación que se fai en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Expertos e investigadores de España e Portugal reúnense na sede de Afundación en Vigo ata este xoves para abordar o estudo e as distintas aplicacións da biotecnoloxía, no encontro BioTec 2019, organizado pola Universidade de Vigo e pola Sociedade Española de Biotecnoloxía (Sebiot).

No acto de inauguración, o presidente de Sebiot, Fernando Peláez, animou aos participantes, especialmente aos estudantes, a ter a súa “mente aberta” e a optimizar os contactos con profesionais e expertos, aínda que non aborden temas dos seus campos concretos.

Ademais, aproveitou o evento para anunciar a celebración, o ano que vén, das terceiras xornadas de Biocatálisis, que terán lugar en Murcia. Así mesmo, confirmou que, tamén en 2020, celebrarase en Portugal o III Congreso Iberoamericano de Biotecnoloxía.

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, subliñou que Biotec 2019 é “unha ocasión única” para que os estudantes e investigadores establezan “contactos” e coñezan os avances nos seus respectivos campos e noutras áreas.

Reigosa sinalou que España está “a saír do buraco negro” da crise, que supuxo recortes en investigación, e advertiu de que, para ter “un país de primeira”, hai que apostar polo coñecemento, “cun financiamento acorde”.

A presidenta do comité organizador, Asunción Longo (profesora do departamento de Enxeñaría Química da UVigo), recalcou que este encontro supón a “oportunidade de visibilizar” a investigación en Bioquímica que se está facendo en Vigo, en Galicia e en toda a Eurorrexión.

PROGRAMA

Nestes días, a sede de Afundación acollerá conferencias, mesas redondas e seminarios sobre cuestións como o uso de tecnoloxías xenómicas para predicir enfermidades, estudo de proteínas de plantas, biotecnoloxía alimentaria, preparación de biomoléculas a partir de lodos biolóxicos, aplicacións industriais da biotecnoloxía ou biocatálisis.

Así mesmo, coñecerase a experiencia dunha empresa concreta, PharmaMar, cuxo responsable de microbiología mariña, Fernando da Rúa, explicará o uso do microbioma mariño como antitumoral; e tamén se abordará a carreira investigadora en Biotecnoloxía.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...