InicioSociedadeA UVigo traballará pola candidatura de Galicia para acoller un laboratorio da...

A UVigo traballará pola candidatura de Galicia para acoller un laboratorio da Axencia Espacial Europea

Este laboratorio, que estaría nunha instalación compartida polos ámbitos público e privado, beneficiaría a diversos sectores industriais, como a automoción, o naval, os drones e satélites, ou o sector farmacéutico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo e a Xunta traballarán para impulsar a candidatura de Galicia a acoller un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europa (ESA).

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o reitor da institución académica, Manuel Reigosa, que se reuniron este venres, coincidiron en sinalar esta oportunidade como “única”, porque este centro podería situar a Galicia como “referente” en experimentación e investigación neste ámbito.

Esta iniciativa forma parte do proxecto C-COOL da ESA, que se basea na creación de distintos laboratorios en países europeos, nos que se experimentará con tecnoloxía cuántica desenvolvida por esta axencia.

Así, ensaiaríase a validez desas tecnoloxías para ser enviadas ao espazo en varios aspectos: reloxos atómicos (de estroncio e iterbio), interferometría, computación e comunicación cuántica, e distribución de referencias de tempo e frecuencia.

Ademais, este laboratorio, que estaría nunha instalación compartida polos ámbitos público e privado, beneficiaría a diversos sectores industriais, como a automoción, o naval, os drones e satélites, ou o sector farmacéutico, áreas que demandarán no futuro profesionais capacitados en tecnoloxías cuánticas.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...