InicioSociedadeProposta do BNG de Vigo para investir 1 millón de euros nun...

Proposta do BNG de Vigo para investir 1 millón de euros nun programa de substitución de eucaliptos

Os nacionalistas pediron declarar esta urbe como "libre de eucaliptos" debido ao "risco" ambiental e "en materia incendiaria" que representan e reforestar as zonas danadas polos incendios rexistrados en 2017.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo propuxo investir 1 millón de euros nun programa que, en colaboración coas comunidades de montes, substitúa os eucaliptos presentes no municipio por especies autóctonas.

O concelleiro electo da formación na cidade, Xabier P. Iglesias, detallou que este plan debería ser posto en marcha polo Concello, aínda que tamén a Xunta debería colaborar economicamente no seu desenvolvemento, segundo recolleu nun comunicado o Bloque.

Ademais, avogou por declarar a esta urbe como “libre de eucaliptos” debido ao “risco” ambiental e “en materia incendiaria” que representan e reforestar as zonas danadas polos incendios rexistrados en 2017.

Para iso, sinalou que é precisa a colaboración das distintas administracións xunto ás comunidades de montes, ás que, na súa opinión, débese dotar de “un maior apoio público”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...