InicioVigo e contornaVigoA Xunta di que fixo "todo o posible" por Vulcano pero que...

A Xunta di que fixo “todo o posible” por Vulcano pero que a solución ten que vir por parte da empresa

O Conselleiro de Economía, Francisco Conde, indicou que a Xunta non ten "constancia dunha oferta concreta" ou de que haxa "conversacións que poidan albiscar unha solución de transmisión da propiedade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia insistiu este mércores en que fixo “todo o posible” polo estaleiro vigués Vulcano, cuxa “prioridade” agora debe ser a entrega do ferri, e advertiu de que “a solución” para este estaleiro “ten que vir de parte da propiedade”. Así o trasladou, en declaracións aos medios, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, durante a súa participación nun almorzo con membros da Asociación de Novos Empresarios de Vigo.

Conde lembrou que a Administración autonómica apoiou ao estaleiro para que “puidese facer fronte á construción do ferri” e para “traballar nunha viabilidade futura”. “Desde a Xunta, a nosa prioridade nestes momentos é que se poida entregar o ferri, e póidanse cumprir os compromisos co armador e cos diferentes provedores”, sinalou o conselleiro.

A partir de aí, en relación ao futuro da empresa (cunha importante débeda e sen carga de traballo), Francisco Conde aseverou: “Estamos a disposición do estaleiro, pero a solución ten que vir por parte da propiedade”. Así, o titular de Economía do Goberno galego sinalou que “hai que saber cales son os plans que ten” a dirección de Vulcano, e advertiu de que “a carga de traballo é o elemento que define a viabilidade ou non dun estaleiro”.

Finalmente, e con respecto á posibilidade de que haxa algún investidor interesado en facerse coa empresa tras un proceso de liquidación, Francisco Conde indicou que a Xunta non ten “constancia dunha oferta concreta” ou de que haxa “conversacións que poidan albiscar unha solución de transmisión da propiedade”.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...