InicioSociedadeO Sergas tenta frear os paros na Atención Primaria en Vigo coa...

O Sergas tenta frear os paros na Atención Primaria en Vigo coa compra de equipamento por case 580.000 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) licitou a adquisición de equipamento para centros de Atención Primaria da área sanitaria viguesa por valor de case 580.000 euros, segundo comunicou este xoves a Consellería de Sanidade.

Esta achega prodúcese en pleno conflito entre a xerencia do Servizo Galego de Saúde e o persoal de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo. Ante a falta de recursos humanos e técnicos, o que provoca unha peor prestación do servizo, os sanitarios decidiron facer varios paros nas últimas semanas. Os novos investimentos tentarían, dalgún xeito, frear as mobilizacións na Atención Primaria.

O expediente de licitación, publicado no perfil do contratante do Sergas, recolle a compra de 57 electrocardiógrafos por 234.000 euros; 50 desfibriladores por 272.000 euros; e 3 ecógrados por 72.600 euros.

Estas adquisicións forman parte das medidas comprometidas a curto prazo no marco do Plan de Atención Primaria 2019-2021 para a renovación de equipos e material de diagnóstico dos centros de saúde.

Os novos aparellos permitirán aumentar as prestacións de probas diagnósticas nos centros de saúde: os equipos de electrocardiografía permiten acceder directamente aos datos do electrocardiograma para facilitar diagnósticos máis precisos; e os desfibriladores están dotados de alta enerxía, adquisición de ECG a través de pas e de cable, e permiten rexistrar e almacenar os datos en modo manual e semiautomáatico.

Con respecto aos ecógrafos, a súa renovación posibilitará melloras en programas de saúde específicos como ecografía abdominal, urológica, xinecolóxica e de aorta e grandes vasos, evitando que o paciente teña que desprazarse á atención especializada.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...