InicioSociedadePublican as axudas para contratar persoal en dez concellos pontevedreses para...

Publican as axudas para contratar persoal en dez concellos pontevedreses para o verán

Entre os meses de xuño e setembro, ambos os incluídos, poderase contratar a persoas que conten co título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou o de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta publicou a resolución en virtude da que se concederán axudas para contratar a persoal para distintas oficinas de turismo galegas, das que dez se sitúan en concellos da provincia de Pontevedra.

En concreto, concederanse as subvencións aos declarados como Municipios Turísticos da comunidade que, na provincia, son Poio, Baiona, Sanxenxo, Cangas, Mondariz-Balneario, A Guarda, Nigrán, O Grove, Sanxenxo e Cambados, segundo recolleu o Goberno galego nun comunicado.

Os concellos con esta distinción reciben un número anual de visitantes superior ao 25 por cento da súa poboación e contan cun total de aloxamentos turísticos ou segundas residencias superior ao 50 por cento das primeiras vivendas.

Entre os meses de xuño e setembro, ambos os incluídos, poderase contratar a persoas que conten co título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou o de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística. Tamén poderán prestar o servizo técnicos en Empresas e Actividades Turísticas e graduados ou diplomados en Turismo.

Estas axudas forman parte dunha acción realizada a nivel autonómico que conta cun orzamento total de 300.000 euros, dos que se outorgarán, como máximo, 5.200 a cada entidade beneficiaria.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...